domingo, 12 de noviembre de 2017

SAMAÍN E MAGOSTO

Nestas últimas semanas fixemos diferentes actividades para conmemorar a festa do Samaín.
 Visionado de pelis de medo,  degustación de merendas terroríficas, contacontos medorentos, túnel do terror. exposición de cabazas....



No noso corredor preparamos unhas merendas variadas a base de froita, bocadillos doces e salgados, galletas de chocolate.... puxémonos as botas!




















En canto as lecturas medorentas, a nosa clase tocoulle ler aos nenos de 4 anos, así que preparamos uns poemas coa profe Luisa e alí fomos a recitárllelos aos pequenos. Eles como agradecemento regaláronnos uns bonitos colgadores para as portas cos nosos nomes. 





Ademáis recibimos na clase a visita dos nenos de 5ºB que nos ofreceron o truco ou trato.




Este venres puxemos fin ás festas do outono celebrando o Magosto. Foi unha xornada diferente e moi divertida. Primeiro participamos en diferentes xogos populares no pavillón, despois degustamos a castañas e por último xogamos ao tradicional tira da corda e cantamos o Non chas quero que preparáramos coa profe Luisa. Pasámolo xenial!